sábado 1 de diciembre de 2018 - 20h30
Presentación del poemario:"Pólvora", de Carlos da Aira
Quizais, algún día, a Pólvora que nunca nos atrevemos a (a) prender nos faga máis valentes, diversas, revoltosas, molestas, sensibles, agresivas, propias, emancipadas.
Este poemario colabora nese empeño e agradecemos -co corazón de granito na man e os ollos proéndonos polos versos que contén- que Carlos Da Aira nos faga estoupar nestas páxinas inestables.
Carlos da Aira:
Escribo, vivo, (re)penso(me) e ollo o mundo dende a aldea de Nanín (Allariz, Galiza). Procuro trincheiras á miña medida nunha poética que axunte loita, rabia, amor e odio produtivo a partes iguais, para enfrontar os inimigos da utopía e da fe nun mundo de persoas ceibes e felices.
Antes deste Pólvora, tiña publicado nalgunhas escolmas e a plaquette Corpo a corpo (Poética Edições), 9 poemas traducidos ó portugués. Acabo de obter o XXXIV Premio Cidade de Ourense de Poesía cunha obra que editará Espiral Maior en 2019. Aínda non sei se un premio pode matar un poeta, pero sei que o silencio e o medo si o fan.
Presenta: Pablo X. Suárez
Organizado por Sacavera Sound y La Revoltosa, libros y café